
02 Mar 2022 ANUNCIO CONSULTA PÚBLICA ORDENANZA MUNICIPAL REGULADORA AXUDAS ECÓNOMICAS DE EMERXENCIA SOCIAL
Regular as Axudas Económicas de Emerxencia Social do Concello do Rosal facilitando á cidadanía o coñecemento destas, formas de acceso, alcance e intensidade dás axudas, seguindo os principios de igualdade e non discriminación, publicidade, transparencia, concorrencia, obxectividade, eficacia e eficiencia. Díctase para regular os seguintes puntos:
- Determinar as clases e contías das axudas.
- Establecer quen poden ser os/as beneficiarios/as e os requisitos que deben cumplir.
- Regular o procedemento que debe de seguirse para a concesión de axudas e as obligacións dos/as beneficiarios/as.
- Fixar un réxime de incompatibilidades, denegación e extinción das axudas.
Os cidadáns, organizacións e asociacións que así o consideren poden facer chegar as súas opinións sobre os aspectos expostos no seguinte cuestionario durante o prazo de vinte días a contar desde o día seguinte ao de publicación do presente anuncio no taboleiro da sede electrónica, mediante a súa presentación en calquera dos lugares indicados no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
Documento relacionado: