O vindeiro 19 de novembro a partir das 12 da mañá e ata ás 18.00h, no Mercado de San Miguel, en caso de chuvia, celebrarase na Soc. Recreativa de San Miguel

Durante todo o día exposición e venda de viños, doces e conservas artesanais, viño doce quente

O pasado sábado 28 de outubro de 2017, tivo lugar o I Ruta Tamuxe-Miño en kayak de mar organizada pola Federación Galega de Piragüismo e base KDM Mar de Aldán, coa colaboración do Concello do Rosal que facilitou aos participantes avituallamento para a travesía.

Ademáis colaboraron a Federaçao portuguesa de canoagem, Deputación de Pontevedra, Patronato Rías Baixas, Nordes Kayak e o Concello do Rosal.

O Mundo dos Cogumelos

Sábado 18 de novembro

10:00 - 11:30 Charla Muíño das Aceñas. Daremos os primeiros pasos para coñecer o mundo dos fungos e os seus froitos, os cogomelos: o seu modo de vida, a importancia ecolóxica, a súa clasificación, importancia da súa xestión, lexislación....

O vindeiro domingo 12 de novembro será a Romaría de San Martiño. Ás 10.30 terá lugar a saída do santo dende a igrexa parroquial de Santa Mariña en procesión ata a ermida, onde ás 12.00 oficiarase unha misa solemne con sermón. A romaría estará amenizada polo Grupo de Gaitas ALBARIÑOS DE O ROSAL que animará e propiciará un ambiente festivo durante todo o día.

O rosaleiro Gabriel Marcelli está imparable. Unha victoria máis que engadir ao seu palmarés, xa que na pasada proba do campionato de España Gabriel gañou o primeiro posto da clasificación de España de TR2, a dous xornadas de que termine á tempada.

Preto de 125 nenos e nenas, alumnos das escolas unitarias do Rosal, visitaron a Biblioteca Municipal para desfrutar do espectáculo de Trécola Teatro coa obra de contacontos “Madame Bechamel e Signorina Boloñesa”. Hoxe, 24 de outubro, Día de las Bibliotecas, o Concello do Rosal en colaboración co Programa LER CONTA MOITO da Xunta de Galicia organizou esta actividade para os máis pequenos,

O Mercado Local do Rosal vai medrando con novos postos e con moitas visitas de vecinos e veciñas que veñen buscando productos de calidade a bos prezos. Despois de varios cambios de datas para comprobar a viabilidade do proxecto tanto en sábado como en domingo, finalmente podemos dicir que os sábados son os días elixidos para o mercado.