Novas

O vindeiro 13 de abril ás 21.00h no Auditorio Municipal do Rosal a compañia Ibuprofeno-Teatro presenta : "O FURANCHO" No noso Furancho pode consumir o excedente de viño, que é sinónimo de humor, e gozar dun espazo de comuñón e de complicidade no que o público se empapa coa máis pura e sincera expresión da comedia hilarante.

Os Concellos de O Rosal e Oia lanzan un proxecto conxunto de fomento do emprego. Neste proxecto inclúese FORMACIÓN, PRÁCTICAS EN EMPRESAS e ORIENTACIÓN, así como acompañamento individualizado para a búsqueda de emprego

¿Sabiades que de tódolos alimentos producidos para o consumo humano, a terceira parte deles van a parar ó lixo? En total son mais de mil millóns de toneladas de comida desperdiciadas ó ano, ou o que é o mesmo, a cantidade necesaria para alimentar a dous mil millóns de persoas.

A Alcaldesa Mª Carmen Alonso Alonso visitou esta mañá a casa escola de Marzán para ver o funcionamento da aula madruga que comenzou hoxe 1 de abril a súa andadura nestas instalacións municipais.

Onte, 27 de marzo, tivo lugar no CPI Manuel Suárez Marquier o “Encontro con profesionais”. Esta actividade está organizada pola Concellería de Educación dentro das accións de formación e orientación que ven realizando. A alcaldesa Mª Carmen Alonso Alonso asistiu ao inicio do acto e felicitou ás 5 mulleres participantes, todas elas grandes profesionais do seu sector.

Buscar por categoría e data