UNHA NOVA FELICITACIÓN A GABRIEL MARCELLI
O rosaleiro corónase na categoría TR2. Tras estrearse en TR1 en Valderrobres quixo aproveitar a oportunidade de correr en Sete Augas
O rosaleiro corónase na categoría TR2. Tras estrearse en TR1 en Valderrobres quixo aproveitar a oportunidade de correr en Sete Augas
Os días 25 de decembro e 1 e 6 de xaneiro son festivos e non haberá recollida de lixo. Posto que as 3 datas coinciden antes ou despois de domingo, serán 2 días seguidos sen recollida. Nestas datas sempre producimos máis residuos do normal, por iso pedimos ós veciños e veciñas que non deixen o lixo fóra do colector.
No mes de decembro O Rosal acollerá os MERCADOS DE NADAL. Serán dúas fins de semana consecutivas, nas que se dedicará o sábado 9 e domingo 10 de decembro ao MERCADO DO TROCO E SEGUNDA MAN, e o sábado 16 e domingo 17 de decembro ao MERCADO DE ARTESANÍA. Estas son datas de moitas compras, polo que o Concello do Rosal pon especial interese en propiciar un consumo responsable.
Acta do proceso selectivo para a contratación temporal de dous/dúas traballadores/as a xornada completa ó abeiro do plan de fomento do emprego no medio rural (aprol rural 2017):
Baremación do concurso de méritos.